Estrutura de datos utilizada en programación que permite acceder ao último dato que se introduciu.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Exemplo:
Usamos unha morea para acelerar a execución do algoritmo de tratamento gráfico.Información complementaria:
As operacións que se poden realizar nunha morea son: de creación, PUSH (introducir un novo elemento na cima da morea), POP (retirar o primeiro elemento da morea).
A maior parte dos procesadores inclúen soporte para a creación de moreas no seu xogo de instrucións, xa que as moreas se usan extensamente. Un dos usos máis comúns é o paso de argumentos e o almacenamento das direccións de retorno para as chamadas a subrutinas (permitindo mesmo a chamada recursiva á dita subrutina).
Ver tamén:
cola; estrutura de datos; morea (03); Post Office Protocol; PUSH; recursividade