Grao de complexidade que se esixe para acceder a un recurso.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
En seguridade de datos, os niveis de seguridade están regulados polo Real Decreto 994/1990 de 15 de Xuño e clasifícanse segundo a súa natureza en alto, medio e baixo. O nivel alto refírese aos datos de ideoloxía, relixión, saúde, filiación política, etc. Son os que teñen un maior control e unhas restricións maiores sobre o seu tratamento. O nivel medio son datos relativos a infraccións, sancións administrativas ou penais, facenda pública, servizos financeiros. E para rematar, os de nivel básico, son aqueles que non se atopan incluídos nos dous anteriores, como o domicilio e teléfono dunha listaxe de clientes. O Real Decreto 994/1999 foi derrogado polo Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro, pero segue recollendo esta distinción entre os tipos de datos (Ver. Título VIII, artigos 80 e 81).