Ataque de denegación de servizo contra sistemas computacionais nos que un conxunto de sistemas realiza o ataque de xeito conxunto e coordinado.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
A web da empresa pública de radiotelevisión estaba caída durante a tarde de onte por mor dun ataque de denegación de servizo distribuído.Información complementaria:
Normalmente para realizar o ataque emprégase un gran número de máquinas, que previamente foron atacadas e convertidas en equipos zombis, formando parte dunha rede de ataque. Estes equipos son controlados por un pequeno conxunto de equipos.
O resultado habitual é que o sistema atacado non pode ofrecer os servizos para os que está deseñado.
Ver tamén:
ataque de denegación de servizo