En sistemas de ficheiros, elemento que contén un conxunto de arquivos ou outros directorios, denominados subdirectorios.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
cartafol (coloquial); carpeta (coloquial)
Exemplo:
O directorio que abrín contiña catorce arquivos ofimáticos.Información complementaria:
Emprégase para poder manter organizada a información de xeito que os arquivos relacionados poidan estar agrupados dentro dun mesmo directorio.
Ver tamén:
subdirectorio