Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

fío

En sistemas informáticos, unidade de traballo na que un sistema operativo divide un programa ou un programa divide as súas tarefas, para que se poidan executar simultaneamente, compartindo certos recursos do sistema, por exemplo o procesador.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
fío de execución
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
O programa de tratamento gráfico executa varios fíos de forma simultánea: é multifío.
Información complementaria: 
En xeral os fíos están contidos dentro dun mesmo proceso, e os distintos fíos dun proceso comparten algúns recursos (a diferenza doutros mecanismos de multitarefa). Cando se utiliza como multifío adóitase confundir co concepto de multiproceso. Un proceso pode ter moitos fíos.
Traducions
Tradución portugués: 
thread; linha de execução
Tradución castelán: 
hilo; hilo de ejecución
Tradución francés: 
processus léger; fil d'exécution; unité de traitement; unité d'exécution; fil d'instruction; processus allégé
Tradución italiano: 
thread; thread di esecuzione
Tradución inglés: 
thread
Tradución alemán: 
Thread; Aktivitätsträger; leichtgewichtiger Prozess; Faden