Fiestra que se abre automaticamente ao navegar en determinadas páxinas web, que aparece de súpeto na pantalla do ordenador.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
ventá emerxente; xanela emerxente
Exemplo:
O navegador que emprego dispón dunha mellora que evita a aparición de fiestras emerxentes.Información complementaria:
Aparece ao abrir un programa novo, ao cambiar dun programa a outro (multitarefas), ao utilizar un menú despregable, etc. Un navegador pode lanzar unha segunda fiestra emerxente que aparece en forma de mini-fiestra na pantalla do ordenador. Estas fiestras péchanse pulsando no X da esquina superior dereita.