Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

protocolo

Conxunto de regras empregadas polos sistemas de comunicacións para comunicarse entre equipos ou sistemas emisores ou receptores a través dunha rede de telecomunicacións,

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
O programa non funciona correctamente xa que ten mal implementado un protocolo de comunicacións.
Información complementaria: 
Segundo a definición son protocolos: - As modulacións (AM, FM ...) que establecen como se opera co sinal de interese para envialo. Tanto emisor como receptor deben coñecer a modulación utilizada. - Todos os formatos de datos que definen cabeceira, datos, sumas de control... Os formatos de ficheiros (datos, gráficos ...) son protocolos. - Os acordos establecidos para facer posibles as comunicacións de ordenadores (protocolos telemáticos). Neste caso hai que definir con que datos se inicia a comunicación, que debe responder o receptor, como se detectan erros, que se fai cando hai erros... Cando se usa a palabra protocolo, a maior parte das veces, estamos a falar dun protocolo telemático.
Traducions
Tradución portugués: 
protocolo
Tradución castelán: 
protocolo
Tradución francés: 
protocole
Tradución italiano: 
protocollo
Tradución inglés: 
protocol
Tradución alemán: 
Protokoll