Unidade derivada de carga eléctrica do Sistema Internacional que equivale á cantidade de electricidade transportada nun segundo por unha corrente dun ampere, que se corresponde con 6,25*10^18 electróns.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
C
Información complementaria:
A denominación da unidade procede do nome do enxeñeiro militar francés Charles-Augustin de Coulomb (1736-1806) que foi dos primeiros científicos en estudar a electricidade. Moitos textos de física consideran o ampere a unidade fundamental e definen o coulomb a partir dela 1C=1A*1segundo. A carga do electrón (carga máis pequena que existe é de: -1.6*10^-19 C).
Ver tamén:
ampere; carga eléctrica; Sistema Internacional