En bases de datos relacionais, campos das táboas dos que se pode asegurar que son únicos na táboa, isto é, que nunca vai haber dous rexistros con ese campo igual.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
Se se gardan datos de persoas (empregados, alumnos, clientes) unha boa clave pode ser o DNI porque se sabe que é único.Información complementaria:
Para un bo funcionamento da base de datos toda táboa debe ter declarada unha clave primaria. Este campo pode usarse para identificar rexistros en operacións de combinación de táboas.
Ver tamén:
clave allea; modelo relacional