Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

tensión

Medida da forza coa que viaxan as cargas desde o primeiro ata o segundo punto dun circuíto.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
voltaxe; diferenza de potencial
Abreviatura: 
V
Exemplo: 
A tensión da electricidade doméstica é de 220 volts eficaces.
Información complementaria: 
En física, a diferenza de potencial sempre é a diferenza de enerxía entre dous estados. A de potencial mecánica vén dada pola altura: un obxecto dun quilo (unha unidade de masa) a 10 metros de altura ten certa diferenza de potencial co chan que é un número que mide con canta violencia golpeará nel se o deixamos caer. Ese número tamén é a enerxía que se transmite ao chan e a enerxía necesaria para volver subir o obxecto, se non rompeu. Se subimos o obxecto a 20 metros a diferenza de potencial será o dobre. A voltaxe é unha diferenza de potencial eléctrica. Polo tanto expresa a enerxía que desprenderá a unidade de carga (1 coulomb) se a deixamos fluír polo circuíto dun punto a outro. Ese número tamén nos indica a enerxía necesaria para volver poñer as cargas no primeiro punto, que é a enerxía que ten que subministrar o xerador. A unidade de diferenza de potencial eléctrica é o volt (V). A notación habitual nos problemas de teoría de circuítos para tensión é: E.
Ver tamén: 
volt; ampere
Traducions
Tradución portugués: 
tensão elétrica
Tradución castelán: 
tensión; voltaje; diferencia de potencial
Tradución francés: 
tension électrique
Tradución italiano: 
tensione elettrica
Tradución inglés: 
voltage
Tradución alemán: 
Elektrische spannung