Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

programación orientada a obxectos

Técnica de programación na que todos os entes cos que traballa o programa son obxectos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura: 
POO
Exemplo: 
A programación orientada a obxectos permite que os programadores se centren no problema que hai que resolver e non nos detalles do sistema informático.
Información complementaria: 
Un obxecto é un conxunto de datos internos (propiedades) e operacións permitidas sobre el (métodos). Todo obxecto é un caso particular (instancia) dun tipo xenérico de obxectos (clase). Na programación orientada a obxectos pódese crear unha clase a partir doutra máis xeral. Por exemplo: a partir da clase "vehículo" créase a chamada"coche". Este proceso chámase herdanza.
Ver tamén: 
abstracción; atributo; C; C++; clase; Document Object Model; encapsulamento; evento; herdanza; instancia; Java; linguaxe imperativa; Lua; mensaxe; método; Object Request Broker; objective-C; polimorfo; programación orientada a aspectos; Ruby; Scheme; sobrecarga; Visual FoxPro
Traducions
Tradución portugués: 
programação orientada a objetos
Tradución castelán: 
programación orientada a objetos
Tradución francés: 
programmation orientée objet
Tradución italiano: 
programmazione orientata agli oggetti
Tradución inglés: 
Object Oriented Programming; OOP
Tradución alemán: 
Objektorientierte Programmierung