'Modelo de referencia para obxectos de contido compartido', conxunto de normas e especificacións para permiten aos sistemas de aprendizaxe a distancia reutilizar contidos formativos, agregando e empaquetando contidos, contornos de execución e secuenciación de contidos da aprendizaxe electrónica.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
SCORM
Exemplo:
O sistema web de formación a distancia que acabamos de implantar cumpre co estándar SCORM.
Información complementaria:
Este modelo é unha proposta realizada pola iniciativa ADL do Departamento de Defensa estadounidense. Integra especificacións e recomendacións propostas por outros axentes involucrados no proceso de estandarización das tecnoloxías educativas. A diferenza do que se poida crer, non inclúe estándares ou normas, xa que estas deben estar aprobadas oficialmente por organismos de normalización oficiais, como ISO, CEN ou IEEE.
Ver tamén:
aprendizaxe distribuída avanzada; contorno de execución; empaquetado de contidos; Sharable Content Oject