Teclado utilizado maioritariamente na actualidade nas máquinas de escribir e nas computadoras.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
teclado inglés
Exemplo:
O teclado QWERTY ten versións para diferentes linguas. (http://es.wikipedia.org/wiki/QWERTY)Información complementaria:
Este nome débese á disposición da primeira fila de teclas de letras pola esquerda. Esta disposición das teclas foi elixida para limitar a velocidade de pulsación de teclas, xa que varias das letras máis empregadas coinciden na mesma man e nos mesmos dedos. Hai outros tipos de teclados cos que se podería acadar un número mais alto de pulsacións pero, dado que habería que facer unha aprendizaxe da disposición das teclas, non están a ser empregados.
Ver tamén:
teclado Dvorak