Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

bit de paridade

Unidade de información engadida na orixe aos bits do código orixinal, usada para detectar, e nalgúns casos corrixir, erros na transmisión.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Este bit de paridade determínase de forma que o número total de bits que se transmiten é par (código de paridade par) ou impar (código de paridade impar). Normalmente este bit de paridade engádese á esquerda do carácter orixinal. Este método, aínda que resulta satisfactorio en xeral, só é útil se os erros non cambian un número par de bits á vez, xa que un número par de erros non afecta á paridade final dos datos. Polo tanto, o método de paridade pode detectar un número impar de erros de transmisión.
Traducions
Tradución inglés: 
parity bit