Método de codificación eléctrica, tamén denominada codificación bifase-L, dun sinal binario no que en cada tempo de bit hai unha transición entre dous niveis de sinal, autosincronizada, xa que en cada bit se pode obter o sinal de reloxo, o que fai posible unha sincronización precisa do fluxo de datos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Ten a desvantaxe de que consome o dobre de ancho de banda que unha transmisión asíncrona. Hoxe en día hai numerosas codificacións (8B/10B) que logran o mesmo resultado pero consumindo menor ancho de banda que a codificación Mánchester. A codificación Mánchester úsase en moitos estándares de telecomunicacións, como por exemplo Ethernet