'Liña alternada en fase', sistema de codificación e transmisión de sinais de televisión analóxica en cor utilizado na maioría dos países africanos, asiáticos, europeos, Australia e algúns países latinoamericanos que deriva do NTSC, incorporando algunhas melloras técnicas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
televisión PAL
Abreviatura:
PAL
Información complementaria:
O sistema PAL xurdiu no ano 1963 de man do Dr. Walter Bruch nos laboratorios de Telefunken nun intento por mellorar a calidade e reducir os defectos nos tons de cor que presentaba o sistema NTSC. Non obstante, os conceptos fundamentais da transmisión de sinais foron adoptados do sistema NTSC. O nome "phase alternating line" fai referencia ao modo no que a información de crominancia do sinal de vídeo é transmitida, sendo invertida en fase en cada liña permitindo a corrección automática dos posibles erros en fase ao cancelarse entre si, aproveitando que habitualmente o contido de cor dunha liña e a seguinte son similares. A frecuencia de refresco neste sistema é de 25 Hz., condicionada pola frecuencia da corrente alterna empregada que é de 50 Hz. o que fai que con visión lateral e pantallas grandes se aprecie pestanexo da pantalla.
Ver tamén:
National Television System Committee