Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

bytecode

'Código en bytes', código intermedio máis abstracto que o código máquina.

Categoría Gramatical: 
substantivo inglés (swine)
Información complementaria: 
Habitualmente trátase como un arquivo binario que contén un programa executable similar a un módulo obxecto, que é un ficheiro binario producido polo compilador cuxo contido é o código obxecto ou código máquina. O bytecode recibe o seu nome de que usualmente cada código de operación ten unha lonxitude dun byte, se ben a lonxitude do código das instrucións varía. Cada instrución ten un código de operación entre 0 e 255, seguido de parámetros tales coma os rexistros ou as direccións de memoria. Esta sería a descrición típica, se ben a especificación do bytecode depende amplamente da linguaxe de programación empregada. Esta técnica permite reducir a dependencia respecto do soporte físico específico e facilitar a interpretación. Menos frecuentemente utilízase o bytecode como código intermedio nun compilador. Algúns sistemas, chamados tradutores dinámicos ou compiladores just-in-time (JIT) traducen o bytecode a código máquina inmediatamente antes da súa execución para mellorar a velocidade de execución. Os programas en bytecode adoitan ser interpretados por un intérprete de bytecode (en xeral chamado máquina virtual, dado que é análogo a un ordenador). A súa vantaxe é a súa portabilidade: o mesmo código binario pode ser executado en diferentes plataformas e arquitecturas. É a mesma vantaxe que presentan as linguaxes interpretadas. Con todo, coma o bytecode é en xeral menos abstracto, máis compacto e más orientado á máquina que un programa pensado para a súa modificación por humanos, o seu rendemento adoita ser mellor que o das linguaxes interpretadas. A causa desa mellora no rendemento, moitas linguaxes interpretadas, de feito, compílanse para convertelas en bytecode e despois son executadas por un intérprete de bytecode. Entre esas linguaxes atópanse Perl, PHP e Python. O código Java adóitase transmitir como bytecode á máquina receptora, que utiliza un compilador just-in-time para traducir o bytecode en código máquina antes da súa execución. Son así mesmo interesantes os denominados p-Codes, similares a bytecodes pero cuxos códigos de operación poden constar de máis dun byte e poden ser variables en tamaño, coma os opcodes de moitas CPUs. Estes códigos traballan a máis alto nivel. Tanto BASIC como algunhas versións de Pascal utilizan p-Codes.
Ver tamén: 
Java
Traducions
Tradución portugués: 
bytecode
Tradución castelán: 
bytecode
Tradución francés: 
pseudo-code binaire
Tradución italiano: 
bytecode
Tradución inglés: 
bytecode
Tradución alemán: 
Bytecode