Sistema de multiplexación por lonxitude de onda de sinais ópticos nunha simple fibra óptica usando láser de diferentes lonxitudes de onda para o transporte dos distintos sinais, o que permite a multiplicación da capacidade e a comunicación dúplex.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
acceso múltiple por división de lonxitude de onda; Coarse Wavelength Division Multiplexing; Multiplexación densa por división de lonxitude de onda;
Información complementaria:
Esta é unha forma de multiplexación por división en frecuencia. En vez de denominarse por frecuencia, úsase lonxitude de onda. Usualmente frecuencia é utilizada en sistemas vía radio, mentres que lonxitude de onda utilízase en fibras ópticas. WDM abarca principalmente dúas tecnoloxías distintas como son DWDM e CWDM.
Ver tamén:
Coarse Wavelength Division Multiplexing; Multiplexación densa por división de lonxitude de onda; multiplexación en frecuencia