Grafo usado no método de desenvolvemento de sistemas JSD.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Un grafo JSD consta de procesos e dunha rede de interconexión. Os procesos son de tres clases:
1- Procesos de entrada, que detectan accións no contorno e transfírenas ao sistema.
2.- Procesos de saída, que transfiren ao contorno as respostas do sistema.
3.- Procesos internos.
Os procesos poden enlazarse de dúas formas distintas:
1.- Mediante conexións de fluxos de datos asíncronos con búfer.
2.- Mediante conexións de vectores de estado.
Ver tamén:
método de desenvolvemento JSD