'Unha instrución, múltiples datos', conxunto de instrucións de procesadores e microprocesadores que aplican a mesma operación sobre un número múltiple de datos, o que significa que a unidade de control envía a mesma instrución a varias unidades de procesamento que traballan con distintos datos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
SIMD
Exemplo:
Os Pentium II foron os primeiros procesadores en ter instrucións SIMD.Información complementaria:
Este tipo de instrucións nos procesadores permitiu o auxe do multimedia na actualidade.
Ver tamén:
sistema secuencial; unidade central de procesamento







