Base de datos especialmente utilizada para a xestión de calquera sistema baseado no coñecemento mediante ferramentas de recolección e organización do mesmo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Consiste nunha conceptualización dunha visión modélica e abstracta da parte do mundo que se desexa presentar (universo do discurso). Na base de coñecemento almacénase de forma explícita, por unha banda, a parte do coñecemento tácito inherente ao ámbito de actuación do sistema (visión tácita do universo do discurso) que foi identificada polos expertos no dominio e codificada polos enxeñeiros de coñecemento e, por outra banda, unha serie de feitos que representan unha situación actual do sistema (visión fáctica do universo de discursos).
Ver tamén:
web 3.0; motor de inferencia