Nunha imaxe, relación que se establece entre píxeles veciños cando cumpren unha característica prefixada.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
Para imaxes de escala de grises, a relación de conectividade é normalmente que as diferenzas entre as intensidades sexan menores que un limiar. Para imaxes binarias a relación é, normalmente, que teñan o mesmo valor binario.
Ver tamén:
imaxe binaria; imaxe de grises