Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

New Technology File System

'Sistema de arquivos de nova tecnoloxía', sistema de arquivos para discos duros grandes que utiliza un tamaño de clúster máis reducido que o antigo sistema FAT32, o que lle permite minimizar o espazo de disco desperdiciado e reducir a fragmentación de arquivos.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura: 
NTFS
Información complementaria: 
O NTFS é utilizado polos sistemas operativos Windows NT, Windows 2000, Windows 2003, Windows XP e Windows Vista e non é compatible con versións anteriores do mesmo (Windows 9x). Resulta máis eficiente que FAT32 nese sentido, pero menos fiable porque pode dar problemas á hora de recoñecer particións de datos NTFS unha vez que se formata a partición do sistema operativo. Ao reducir a fragmentación dos arquivos, a desfragmentación do disco duro, aínda que sexa de gran capacidade, lévase a cabo de forma relativamente rápida (dependendo do tamaño do disco e do estado de fragmentación deste).
Ver tamén: 
desfragmentación; disco duro; sistema de arquivos; 32-bit File Allocation Table;
Traducions
Tradución portugués: 
NTFS; New Technology File System
Tradución castelán: 
NTFS; New Technology File System
Tradución francés: 
NTFS; New Technology File System
Tradución italiano: 
NTFS; New Technology File System
Tradución inglés: 
NTFS; New Technology File System
Tradución alemán: 
NTFS; New Technology File System