Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

transformador

Máquina eléctrica que permite aumentar ou diminuír a voltaxe ou a tensión nun circuíto eléctrico de corrente alterna mantendo a frecuencia.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
A potencia que entra nun equipo, no caso dun transformador ideal, é igual á que se obtén á saída. As máquinas reais presentan unha pequena porcentaxe de perdas, dependendo do seu deseño, tamaño, etc. Estes dispositivos baséanse no fenómeno da indución electromagnética e están constituídos por dúas bobinas enroladas sobre un núcleo pechado de ferro doce, ou ferro-silicio nos casos simples. As bobinas denomínanse primarias e secundarias segundo correspondan á entrada ou á saída do sistema en cuestión, respectivamente. Tamén existen transformadores con máis bobinas; neste caso, pode existir unha terciaria de menor tensión que a secundaria.
Ver tamén: 
bobina desmagnetizadora; bobina híbrida; corrente eléctrica; fonte de alimentación; solenoide