Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

tarxeta de expansión

Dispositivo con diversos circuítos integrados e controladores que serve para ampliar a capacidade dun computador e que está inserido na súa correspondente rañura de expansión.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
placa de expansión
Información complementaria: 
As máis comúns serven para engadir memoria, controladoras de unidade de disco, controladoras de vídeo, portos en serie ou en paralelo e dispositivos de módem internos. Na actualidade, adoitan ser de tipo PCI, PCI Express ou AGP. Debido ao avance na tecnoloxía USB e á integración de audio e vídeo na placa base, hoxe en día empréganse cada vez menos.
Ver tamén: 
Acelerated Graphics Port; interconexión de compoñentes periféricos; Peripheral Component Interconneted Extended; PCI-E; tarxeta de son; tarxeta de rede; tarxeta gráfica