Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sistema de xestión de contido

Programa que permite crear un marco de traballo para a creación e administración de contidos por parte do usuario, principalmente en páxinas web, sen necesidade de ter coñecementos de programación.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
Estou estudando as posibilidades dos distintos sistemas de xestión de contidos para especializármonos na creación de webs sinxelas.
Información complementaria: 
Consiste nunha interface que controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o contido do sitio, incluindo todo o relacionado coa instalación e a administración, que se fan de xeito simple a través dun navegador . O sistema permite manexar de maneira independente o contido e o deseño. Así, é posible manexar o contido e darlle en calquera momento un deseño distinto ao sitio sen ter que darlle formato ao contido de novo, ademais de permitir a fácil e controlada publicación no sitio a varios editores. Un exemplo clásico é o de editores que cargan o contido ao sistema e outro de nivel superior que permite que estes contidos sexan visibles a todo o público. Algúns exemplos de CMS son Joomla e Drupal.
Ver tamén: 
marco de traballo
Traducions
Tradución portugués: 
sistema de gestão de conteúdo; SGC; sistema de gerenciamento do conteûdo; SGC; Content Management System; CMS
Tradución castelán: 
sistema de gestión de contenido; SGC; Content Management System; CMS
Tradución francés: 
système de gestion de contenu; SGC
Tradución italiano: 
Sistema di gestione dei contenuti; SGC; Content Management System; CMS
Tradución inglés: 
Content Management System; CMS
Tradución alemán: 
Content Management System; CMS