Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

programa

Conxunto de instrucións que se executan sobre un sistema ou contorno informático dunha forma concreta para obter uns resultados esperados.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
software
Exemplo: 
Acabo de executar un programa de procesamento de textos.
Información complementaria: 
Chámase tamén programa informático, programa de computación ou programa de computador. O código fonte deste está formado por liñas de código escritas na súa linguaxe de programación orixinal que permiten cambiar o programa nun futuro. O código compilado é o código executable en si mesmo e faise a partir do código fonte e, unha vez compilado, xa non se pode modificar. A forma "software" é un anglicismo moi utilizado, pero recoméndase evitala traducíndoa por "programa" cando sexa posible.
Ver tamén: 
código compilado; código compilador; código fonte
Traducions
Tradución portugués: 
programa de computador
Tradución castelán: 
programa informático
Tradución francés: 
programme informatique
Tradución italiano: 
programma
Tradución inglés: 
computer program