Circuíto integrado do conxunto de chips que constitúe o corazón da placa nai que controla as funcións de acceso desde e ata o microprocesador, AGP ou PCI-Express, memoria RAM, vídeo integrado (dependendendo da placa) e ponte sur.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Recibe este nome por situarse na parte superior das placas nais con formato ATX polo que é un termo utilizado antes da aparición deste formato para computadores de sobremesa.
A súa función principal é a de controlar o funcionamento do bus do procesador, da memoria e do porto AGP ou PCI-Express. Serve de conexión entre a placa nai e os principais compoñentes do PC: microprocesador, memoria RAM e cartón de vídeo AGP ou PCI Express. Xeralmente, as grandes innovacións tecnolóxicas impleméntanse neste chip. A compatibilidade que teña unha placa nai para determinado tipo de microprocesadores, memorias RAM ou placas AGP estará limitada polas capacidades da porte norte de que dispoña.
Antónimos:
ponte sur