'Interface visual dixital', interface deseñada para obter a máxima calidade de visualización posible en pantallas dixitais.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
DVI
Información complementaria:
A interface de conexión cos monitores nas computadoras ata hai pouco era VGA, un estándar deseñado para sacarlle o máximo rendemento aos monitores analóxicos. Non obstante, coa proliferación dos monitores planos dixitais, o VGA quedaba curto, e foi necesario un novo estándar dixital que ofrecese a máxima resolución posible, o DVI.
Adoita confundirse o DVI co HDMI, pero non son o mesmo: o sistema DVI tan só transporta sinal de vídeo de alta definición, polo que se converte no estándar absoluto en tarxetas gráficas de última xeración, mentres que o HDMI transporta igualmente sinal de audio, polo que é o estándar de alta definición en televisores, pero non en tarxetas gráficas. Pode decirse que o DVI é o estándar de alta definición no ámbito dos computadores, mentras que o HDMI é o estándar de alta definición no campo da electrónica doméstica.
Ver tamén:
High-Definition Multimedia Interface; tarxeta gráfica