Conectador empregado para conectar teclados e ratos coa unidade central de procesamento de datos, adoptado como estándar de facto ata a chegada das conexións USB.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
NA
Exemplo:
NAInformación complementaria:
Toma o seu nome da serie de ordenadores IBM Persoal System/2, creada por IBM en 1987. Este tipo de conectores foron rapidamente adoptados polo mercado do PC, pasando a converterse no estándar durante moitos anos para teclados e ratos. A comunicación por este tipo de portos é serial, unidireccional no caso do rato e bidireccional no caso do teclado, e contrólase mediante o chipset da propia placa.
Non foron deseñados para ser intercambiados en quente; de feito, se se conecta un deles co equipo acendido, o sistema non recoñecerá o dispositivo e será necesario reinicialo para o seu correcto funcionamento.
Ver tamén:
conector DIN5; Universal Serial Bus