Conectador coaxial de radiofrecuencia do tipo subminiatura con capacidade de traballo libre de modos na banda de frecuencias de ata 65 GHz, emprégase con cable coaxial UT-085, que presenta un modo a 61 GHz, e máis habitualmente con coaxial UT-047 que non presenta modos na banda de operación do conector.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Foi deseñado nos laboratorios Hewlett-Packard a mediados da década de 1980, e presentado públicamente en 1988 para a súa estandarización.
Debe o seu nome ó diámetro interior do conductor exterior, empregando como dieléctrico o aire. Destínase o seu uso á investigación. Só poden atoparse en catálogo de poucos fabricantes, algún dos cales usan outras denominacións para esta xeometría, como o conector V de Wiltron/Anritsu Corporation.
Resulta electrica e mecanicamente incompatible con outros conectores subminiatura de tipo SMA, e dada a súa semellanza co APC-2.4, dispúxoselle unha rosca distinta para evitar conexións erróneas que danarían o conectador.
Ver tamén:
conectador coaxial tipo V