Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

píxel atascado

Píxel dunha pantalla TFT activado dunha das cores primarias (vermella, verde ou azul) ou dunha combinación delas (cián, maxenta ou amarela), producido por un defecto dun ou dous dos tres elementos que quedan activados permanentemente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
Esa pantalla ten un píxel atascado na cor amarela.
Información complementaria: 
A forma de detectar os píxeles atascados é representar un obxecto totalmente negro. Este defecto tamén pode producirse nas cámaras con tres sensores (para cada unha das cores), pero a maioría das cámaras teñen un filtro de cor (tipicamente filtro Bayer) que provoca un comportamento totalmente distinto. Ás veces pode recuperarse o píxel e volve presentar as cores normalmente.
Ver tamén: 
dispositivo de cargas eléctricas interconectadas; píxel morto; píxel quente; sensor imaxe CMOS
Traducions
Tradución castelán: 
píxel atascado
Tradución inglés: 
stuck pixel