Cámara fotográfica dixital que permite obter a forma, cor e textura 3D dun obxecto.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
cámara 3D
Exemplo:
Esta cámara 3D permite obter 30.000 perfís por segundo de 1.500 datos de ancho cada un.Información complementaria:
O funcionamento normal é o cálculo do perfil 3D dunha liña dun obxecto que vai pasando por diante da cámara. A diferenza entre a cámara 3D e os escáneres 3D é que, ademais dos datos de profundidade ou distancia, proporciona datos sobre a textura ou cor.
Ver tamén:
cámara fotográfica; cámara lineal; escáner tridimensional