Cámara fotográfica que permite obter máis de 1000 imaxes por segundo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
cámara lenta (coloquial)
Información complementaria:
Tamén se denominan cámaras lentas (cámaras "slow motion") porque ao reproducilas á velocidade normal de 25/30 imaxes por segundo parece que os obxectos e persoas se moven máis lentamente. Utilízanse tanto en aplicacións lúdicas como en películas ou anuncios e aplicacións científico-industriais (dinámica de fluídos, control de procesos, proba de choques, control de explosións, etc.).