'Sistema de versións concorrentes', aplicación informática que permite o desenvolvemento colaborativo dun proxecto ou obxecto, normalmente, aplicacións ou documentos, que se responsabiliza do control das versións, dos cambios efectuados polos diferentes autores que teñen acceso desenvolvendo de xeito compartido o mesmo, e do acceso.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
CVS
Exemplo:
Os 10 traballadores da empresa traballan en distintas cidades, sincronizando o traballo a través dun CVS.Información complementaria:
Esta aplicación baséase no rexistro do traballo e dos cambios nos arquivos (código fonte, configuración, etc.) e facilita enormemente o traballo a distancia entre varios desenvolvedores.