Unidade de frecuencia usada para medir a velocidade angular.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
RPM; r/min; r.p.m.; rpm
Información complementaria:
Neste contexto, unha revolución é unha volta dunha roda, dun eixo, dun disco ou de calquera elemento que vire. Normalmente a placa de características das máquinas eléctricas case sempre leva indicadas as revolucións por minuto do motor cando este está fornecendo a súa potencia total. En informática, fálase de revolucións por minuto nos casos dos CD, DVD, e no caso dos discos duros de pratos (non nos de estado sólido), xa que é o parámetro que determina a velocidade de acceso aos datos do disco.
Ver tamén:
disco duro; frecuencia