Formato libre e aberto de arquivo contedor multimedia deseñado para alcanzar un alto grao de eficiencia no streaming e na compresión de arquivos.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
Ogg Media; OGM
Información complementaria:
Os ficheiros .ogg poden referirse a arquivos contedores coma os OGM, co audio en Ogg Vorbis, ou ben a arquivos de audio en Ogg Vorbis directamente. Como formato contedor de vídeo é moi eficiente para a transmisión de vídeo en tempo real (streaming) e para a compresión dos datos contidos nela. O formato do audio comprimido dentro dun ficheiro de vídeo nun arquivo .ogg será Vorbis.
Ver tamén:
entrelazamento de audio e vídeo; Vorbis