Primeiro formato de vídeo capaz de gravar programas do televisor en tempo real noutra canle distinta á que se estaba vendo.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
vídeo beta
Información complementaria:
O sistema podíase programar para gravar programas concretos. Máis pequeno que o VHS e con maior resolución. Doutra banda, o modelo de cinta VHS de máxima duración ofrecía 25 minutos máis có seu rival Betamax. Aínda cando o Betamax ofrecía unha mellor calidade de audio e de vídeo, esta só se podía aproveitar con altofalantes e televisores de gama alta. O Betamax foi superado polo VHS enseguida, porque, se ben os vídeos Betamax tan só eran fabricados por Sony, o VHS pasou a ser fabricado por distintos fabricantes, e a competencia fixo que os equipos VHS fosen máis accesibles ao gran público cós Betamax.
Ver tamén:
vídeo; Video Home System