Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

selección por cable

Método que consiste en deixar que o propio cable seleccione o tipo de prioridade segundo a posición do disco no bus de datos IDE.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
cable select; cabo select; selección por cabo
Información complementaria: 
De colocar o disco duro co jumper na posición selección por cable, o disco asumirá as funcións de mestre ou de escravo dependendo de onde se conecte dentro do bus de datos. De colocarse no conectador do extremo tomará o rol de mestre, mentres que de conectarse no do medio tomará o rol de escravo. Na maior parte dos casos, poñer o jumper en selección por cable adoita ser a opción máis cómoda. Nos ordenadores pódese ter varios discos duros instalados. No caso dos discos duros de interface IDE débese ter, por cada unha das badías IDE, un dispositivo mestre e un dispositivo escravo. A selección do rol de cada un dos discos duros pódese facer mediante dous métodos: ou mediante a configuración correcta dos jumpers de cada un dos discos duros, ou ben o método máis sinxelo que consiste en determinar quen é o mestre e quen o escravo en función da súa posición no cable.
Ver tamén: 
bus; contorno de desenvolvemento integrado; disco duro; jumper; mestre/escravo
Traducions
Tradución castelán: 
selección por cable
Tradución inglés: 
cable select; CS