Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

procesador gráfico

Procesador que se encarga de realizar as operacións de animación, iluminación e textura nos gráficos de tres dimensións.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Esta tarefa antes correspondíalle á unidade central de procesamento do ordenador pero, dado o avance dos sistemas gráficos, fíxose necesario un procesador dedicado exclusivamente a cuestións gráficas para alixeirar a carga de traballo da unidade central de procesamento en aplicacións coma os videoxogos ou programas 3D. Deste xeito, a parte gráfica execútase no procesador gráfico, deixando libre a unidade central de procesamento para outro tipo de cálculos.
Ver tamén: 
General-Purpose Processing on Graphics Processing Units; microprocesador; unidade central de procesamento; unidade de coma flotante; tarxeta gráfica
Traducions
Tradución inglés: 
graphics processing unit; GPU; graphic processor