'Servidor Darwin para a reprodución durante a descarga', primeiro servidor gratuíto e de código aberto para reprodución durante a descarga.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
DSS
Información complementaria:
Foi desenvolvido pola compañía Apple e é a versión gratuíta do QuickTime Streaming Server. A pesar de que inicialmente tan só había versión para o sistema operativo MAC OS X, posteriormente apareceron versións para a maior parte dos sistemas operativos vixentes. É compatible con distintos formatos de vídeo para reprodución durante a descarga, como o MPEG-4 orientado a Internet ou o 3GP para telefonía móbil de terceira xeración.
Ver tamén:
Real Time Control Protocol; Real-time Transport Protocol; reprodución durante a descarga