Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

navegar por caché

Moverse por Internet sen acceder realmente ás páxinas web senón que se navega nunha versión da páxina web almacenada polo servidor.

Categoría Gramatical: 
locución verbal (levar a cabo)
Sinónimos: 
navegación por caché
Exemplo: 
Navegar por caché ten como vantaxe unha maior velocidade á hora de acceder aos contidos e un aforro de recursos, pero estes recursos non sempre estarán actualizados.
Información complementaria: 
Os navegadores almacenan as páxinas na súa caché de xeito que, ante unha nova petición de acceso a unha páxina concreta, se detectan que a páxina se atopa na súa caché, xa non fan unha petición ao servidor externo senón que mostran a páxina almacenada. É un dos servizos ofrecidos polos servidores proxy e é moi común que o utilicen os provedores de servizo para aforrar recursos.
Ver tamén: 
navegación