Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

filtrado de IP

En redes de área local, monitoración do tráfico polo enderezo IP para que o administrador da rede poida localizar usuarios que están a facer un mal uso dos recursos do sistema.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Poderíase impedir que o enderezo IP interno 192.168.2.130 saíse a Internet, filtrándoo por completo (a configuración do filtrado depende de cada programa en cuestión). Poderíase impedir que ese mesmo enderezo IP puidese saír a Internet pero que non puidese acceder ao porto 1863 TCP, de xeito que non poida enviar mensaxes a través do Messenger. Para realizar as tarefas de administración da rede pertinentes, os administradores dispoñen da opción de seleccionar os enderezos IP desexados para restrinxir o acceso aos recursos, ben sexa limitando o seu acceso a Internet, ben bloqueándoo por completo, ben limitando determinados servizos (envío de correo electrónico polo porto SMTP, peche de determinados portos TCP para aplicacións, etc.).
Traducions
Tradución castelán: 
filtrado de IP's
Tradución francés: 
filtrage IP
Tradución inglés: 
IP filtering