Sistema de cablaxe de datos empregado en redes Ethernet, descrito no estándar TIA/EIA-568-B, que transmite en frecuencias de ata 100 MHz cunha velocidade máxima de transmisión de 100 Mbps e que consta de 4 pares de cobre trenzados co fin de diminuír a atenuación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
cat 5
Exemplo:
Estou a instalar unha rede de cablaxe estruturada de categoría 5.Información complementaria:
Parámetros da normativa:
Frecuencia máxima: 100 MHz;
Atenuación: 24,0 dB;
NEXT: 27,1 dB;
PSNEXT: 24,0 dB;
ELFEXT: 17,0 dB;
PSELFEXT: 14,4 dB;
ACR: 3,1 dB;
Return loss: 10,0 dB
Ver tamén:
categoría 5e; categoría 6; TIA/EIA-568-B