Sistema de cablaxe de datos empregado en redes Ethernet xigabit, definido no estándar TIA/EIA-568-B, o cal transmite en frecuencias de ata 250 MHz cunha velocidade máxima de transmisión de 1000 Mbps, e que consta de 4 pares de cobre trenzados co fin de diminuír a atenuación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
cat 6
Exemplo:
Teño unha rede de categoría 6.Información complementaria:
Fronte á categoría 5e presenta mellores taxas de atenuación, taxa de erro de bit e apantallamento, o que significará velocidades de transmisión maiores.
Parámetros da normativa:
Frecuencia máxima: 250 MHz;
Atenuación: 31,82 dB;
NEXT: 35,35 dB;
PSNEXT: 35,72 dB;
ELFEXT: 17,25 dB;
PSELFEXT: 14,25 dB
Ver tamén:
categoría 5; categoría 5e; TIA/EIA-568-B