División para datos que se crea dentro dunha partición estendida que pode ocupar un anaco dela ou a totalidade.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Isto non significa que nas particións primarias non se poidan almacenar datos, pero si que nestroutras non se pode instalar un sistema operativo. É unha partición distinta á primaria no sentido de que non é apta para instalar un sistema operativo (excepto Linux e Windows NT), pero a súa utilidade baséase en que é o tipo de partición na cal se poden almacenar arquivos de datos coma os descritos. A partición lóxica só pode existir dentro dunha estendida e pódense crear tantas lóxicas como nos permita o espazo dispoñible no disco duro. Ás unidades lóxicas asígnaselles unha letra de unidade e deben ser formatadas con algún sistema de arquivos, podendo ser este distinto en cada partición lóxica.
Ver tamén:
disco duro; partición activa; partición estendida; partición primaria