Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Release Candidate

'Versión candidata a definitiva', versión dun programa que xa implementa todas as súas funcionalidades finais e que está lista para se converter en definitiva á falta de que poidan aparecer erros na súa fase de proba masiva, aínda que se teñen eliminados os erros fundamentais, pero poden aparecer pequenas fallas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
RC
Exemplo: 
Microsoft liberou a RC do seu próximo sistema operativo.
Información complementaria: 
No desenvolvemento de programas é común empregar diversos nomes para as distintas fases de produción deste. Moitas empresas libéranlles versións RC aos seus clientes para a súa proba masiva antes de comercializar o paquete final. Estas probas masivas serven para atopar os últimos erros e corrixilos antes da súa comercialización en serie.
Traducions
Tradución portugués: 
release candidate; RC
Tradución castelán: 
versión candidata; release candidate; RC
Tradución francés: 
version d'évaluation; release candidate; RC
Tradución italiano: 
release candidate; RC
Tradución inglés: 
release candidate version; release candidate; RC
Tradución alemán: 
release candidate; RC